Essonne

Essonne

Departamento da Île-de-France, Francia, atravesado polo río Seine (1.804 km2; 1.134.238 h [1999]). A capital é Évry (49.337 h [1997]). Tradicionalmente, a base da súa economía foi a agricultura, principalmente o cultivo de cereais e froiteiras. Nos últimos anos tratouse de impulsar a industria, polo que se crearon pequenas fábricas de maquinaria e compoñentes electrónicos ao NO, preto da capital.