estabilizador -ra

estabilizador -ra

(

  1. adx

    Que estabiliza.

    Sinónimos: estabilizante.
  2. s m [AERON]
    1. Cada un dos conxuntos de superficies fixas ou móbiles, situadas xeralmente na parte posterior da fuselaxe dunha aeronave, que serve para o control da estabilidade e para dirixir a aeronave.

    2. Elemento horizontal da cola dunha aeronave.

  3. s m [TECNOL]

    Dispositivo ou conxunto de dispositivos que se colocan nos automóbiles para aumentar a súa estabilidade. Os estabilizadores poden ter unha acción mecánica, como os amortecedores ou as barras de torsión, ou aerodinámica, como os aleróns.

  4. s m [QUÍM]

    Aditivo que se engade a unha solución que a fai quimicamente estable.

    Sinónimos: estabilizante.
  5. s m [ALIM]

    Aditivo alimentario que mantén a textura e o aspecto do produto, xa que teñen unha acción espesante, antiendurecedora, escumante, antiescumante, emulxente, humectante, etc. Nun sentido máis restrinxido, denomínase así a substancia capaz de estabilizar suspensións e emulsións. Con esta finalidade empréganse gomas, alxinatos, carraxenatos, pectinas, fosfatos e polifosfatos, celulosas, mono e diglicéridos de ácidos graxos, manitol, sorbitol e outros.

    Sinónimos: estabilizante.

Palabras veciñas

Est | estabilidade | estabilización | estabilizador -ra | estabilizante | estabilizar | estable