estacada
estacada
(< estaca)
-
s
f
Ringleira de estacas que se coloca para separar ou protexer un lugar determinado.
Ex: Levantamos unha estacada para separar as leiras.
Confrontacións: cerradura, cerramento, cerrume, peche, valado. -
s
f
Lugar pechado ou delimitado con estacas.
-
s
f
Golpe que se dá cunha estaca.
-
s
f
[PESCA]
Arte de pesca consistente nun cerco de rede rectangular empregada nas bocas no río Miño para a pesca de salmóns, muxos, reos, etc. Cando a marea sobe engánchase a rede nas estacas que se cravan previamente nos bancos de area do fondo e, ao baixar a marea, recóllese o peixe que queda en seco.
Frases feitas
-
Deixar na estacada. Abandonar a alguén nunha situación comprometida.