estai
(< fráncico *stag, polo frantigo estay, actual étai)
-
[MAR]
-
s
m
Cabo ou cable de aceiro que suxeita a cabeza de calquera pao, mastro ou cheminea para que non caia cara á popa. Antano, o estai do pau maior facíase firme a proa; ao pé deste o de mesana, e o de trinquete no bauprés e os dos mastros na mesma relación. Toma o nome do pau ou mastro que afianza, como o estai de trinquete, estai maior, estai de mesana.
-
estai de cabeza
Cabo que se encapela no tope para suxeitar os mastros.
-
estai de popa
Cabo que suxeita o pau para evitar que caia cara á proa.
-
estai de violín
Cabo que descompón o seu esforzo por medio do seu corno, que sae cara a adiante, perpendicular ao pao.
-
s
m
-
s
m
[MAR]
ela de coitelo, de forma triangular ou trapezoidal e parecida ás cangrexas, que se enverga nun estai ou no nervio que para tal fin vai por debaixo do propio estai.