Estanislao
Estanislao
[ONOM]
Antropónimo masculino que vén do nome eslavo Stanislav, composto de stan ‘levantar’ e slava ‘gloria’. Presenta o hipocorístico Estanis. Levaron este nome dous santos polacos: Estanislao de Cracovia (1030-1079), celebrado o 11 de abril, e santo Estanislao de Kostka, celebrado o 13 de novembro.