Estat Català
Movemento político de carácter separatista fundado por Francesc Macià o 18 de xullo de 1922 nun acto que tivo a finalidade de proclamar a República Catalana. Participou no Pacto de San Sebastián (agosto de 1930) e foi un dos partidos que pasou a formar parte de Esquerra Republicana de Catalunya, aínda que algúns elementos se negaron a seguilo e formaron o Estat Català-Partit Proletari, e outros constituíron o Partit Nacionalista Català (1932), e máis tarde unha nova organización denominada tamén Estat Català, xurdida en xuño de 1936 da fusión do Partit Nacionalista Català, algún sector das Joventuts d’Esquerra Republicana e o grupo Nosaltres Sols. Integrouse na Front Nacional de Catalunya en 1939, ao converterse este nun partido. Mantivo unha notable actividade clandestina na etapa 1945-1960. Reapareceu en Barcelona en 1976.