estelaria
estelaria
(< lat científico Stellaria)
s
f
[PLANTA]
Herbácea do xénero Stellaria, da familia das cariofiláceas, caracterizada por presentar talos nodosos e cuadrangulares, follas opostas e sen estípulas, e flores actinomorfas, numerosas, de sépalos libres, tres estilos e pétalos brancos. Os froitos son cápsulas con 6 dentes profundos. En Galicia están presentes as especies: S. alsine, en mananciais, cursos de auga e lugares húmidos e sombrizos; S. graminea, en lugares húmidos e sombrizos; S. holostea, en sebes e matogueiras; S. media, en cultivos e pedregais; S. neglecta, en prados do sudoeste do país; S. nemorum, en prados e claros de bosque da metade oriental do país; e S. pallida en terreos areosos do nordeste do país.