estenobático -ca
estenobático -ca
adx
[ECOL]
Aplícase ao organismo que non tolera variacións amplas da presión. Sófrenas especialmente os animais que, sendo propios de zonas peláxicas, se ven circunstancialmente empurrados cara á superficie polos procesos de emerxencia, feito que lles pode ocasionar a morte.