estereotipia
estereotipia
(
s
f
[GRÁF]
Procedemento para a reprodución en pranchas de metal dun gravado ou dun molde de tipos movible. As pranchas obtéñense tomando do molde orixinal un negativo cun cartón especial mediante presión cunha prensa provista de calefacción. Unha vez obtido o cartón co negativo, tamén chamado matriz, inxéctase o metal fundido (aliaxe de chumbo, estaño e antimonio) que, unha vez arrefriado, será a prancha positiva.