esterilidade
(
-
s
f
Calidade de estéril.
Antónimos: fertilidade. -
s
f
[BIOL]
Imposibilidade de ter descendencia no proceso de reprodución sexual. No caso dos humanos hai unha esterilidade fisiolóxica que pode ser prepúbere, debido á falta de maduración dos espermatozoides ou ao feito de non iniciarse a ovulación, e pospúbere, cando se chega á andropausa e á menopausa. Durante os períodos teoricamente fecundos pode aparecer unha esterilidade de tipo patolóxico. A esterilidade patolóxica masculina ten numerosas causas: ausencia de espermatozoides, deficiencia na súa formación ou no seu tempo de vida, dificultade para que os espermatozoides sexan depositados no aparato xenital feminino, e as causas ocasionadas por lesións ou atrofia dos testículos ou tamén por causas psíquicas. A esterilidade patolóxica feminina é moito máis complexa. As causas poden ser alteracións na estrutura dos órganos xenitais, pero as máis importantes son de orixe endócrina e producen alteracións de ovulación e implantacións defectuosas por falta de preparación do endometrio; outras causas de esterilidade son as interferencias no desprazamento dos espermatozoides, como as ocasionadas por un ambiente químico vaxinal ou cervical hostil ou pola obstrución das trompas de Falopio. As últimas experiencias consideran a esterilidade de forma conxunta nunha parella na que o home e a muller poden ser fértiles separadamente e estériles entre eles a causa de incompatibilidades moi diversas e mal coñecidas de tipo psicolóxico, inmunolóxico, etc.
-
esterilidade citoplasmática masculina
[BOT]
Enfermidade que se caracteriza pola imposibilidade de producir grans de pole vivos nos estames das flores, a causa, probablemente, dun factor de control que se localiza no citoplasma das células e non no núcleo. Aprovéitase en técnicas biotecnolóxicas, en cultivos in vitro, para producir híbridos cunha eficacia do 100%.
Refráns
- a pai que non ten fillos, será que lle faltan os argamandillos.
- A quen Deus non lle dá fillos, apáralle o demo. sobriños.