esterno
(< lat sternu < grστέρνον)
-
s
m
[ANAT]
Óso plano, alongado e desemparellado da cintura pectoral dos vertebrados, que se sitúa en posición ventral e media. Está presente nos vertebrados terrestres, aves e mamíferos acuáticos, e ausente nos peixes. Os anfibios, que carecen de costelas, teñen o esterno unido á cintura pectoral. Nos réptiles, excepto ofidios, quelonios e algúns saurios, o esterno pecha ventralmente a caixa torácica. Nas aves aparece moito máis desenvolto, co fin de servir de inserción aos músculos das ás, e presenta unha prominencia laminar denominada quilla. Nos mamíferos o esterno ten unha lonxitude duns 15-20 cm e unha anchura duns 5-6 cm. Está composto de diversas pezas soldadas, as estérnebras, que en sentido cranio-caudal reciben o nome de manubrio, corpo e apéndice xifoide, e presenta tamén dous bordos laterais onde se insiren as costelas e a clavícula.
-
s
m
[ZOOL]
Parte anterior de cada un dos segmentos do exoesqueleto dos artrópodos.