estoupar

estoupar
  1. v i
    1. Romper ou rebentar algo violentamente e con moito ruído.

      Ex: Estoupou unha bomba no centro da cidade.

      Sinónimos: esbourar, estalar, estourar, estralar.
    2. Producir algo un ruído forte e seco.

      Ex: O sal estoupaba no lume.

    3. Romper as ondas do mar contra as rochas facendo escuma.

      Ex: As ondas estoupaban contra o acantilado cun balbordo infernal.

  2. v i

    Romper ou abrirse algo violentamente por presión interior, con ou sen ruído.

    Ex: O globo estoupou por inchalo de máis. O neno caeu enriba dos sacos de centeo e un estoupou.

  3. v i

    Estar cheo ou moi cheo o interior de algo.

    Ex: Non metas tanta roupa que a maleta está que estoupa. Estou que estoupo de tanto comer.

  4. v i

    Sentir unha presión molesta, normalmente acompañada de dor, nalgunha parte do corpo.

    Ex: Con tanto ruído estoupábame a cabeza.

  5. v i

    Comezar de repente algo violento ou ruidoso.

    Ex: Estoupaba a guerra tras graves revoltas sociais.

    Sinónimos: estalar, estralar.
  6. v i

    Manifestar alguén, de maneira repentina, e ás veces violenta, un sentimento que se trataba de reprimir.

    Ex: Nunha situación tensa sempre estoupa de rabia. Estoupaches coa risa cando che contei o chiste.

    Sinónimos: estalar, estralar.
  7. v t

    Facer que unha cousa rompa violenta e ruidosamente debido a unha presión interior.

    Ex: Estoupou os estraloques para pasar o tempo.

Palabras veciñas

estorroar | estorzón | estouciñar | estoupar | estoupido | estoupo | estourar
Conxugar
VERBO estoupar
Forma verbal: Infinitivo

Indicativo

Presente Eu
Ti
El/Ela
Nos
Vos
Eles
estoupo
estoupas
estoupa
estoupamos
estoupades
estoupan
Pretérito imperfecto Eu
Ti
El/Ela
Nos
Vos
Eles
estoupaba
estoupabas
estoupaba
estoupabamos
estoupabades
estoupaban
Pretérito perfecto Eu
Ti
El/Ela
Nos
Vos
Eles
estoupei
estoupaches
estoupou
estoupamos
estoupastes
estouparon
Pretérito pluscuamperfecto Eu
Ti
El/Ela
Nos
Vos
Eles
estoupara
estouparas
estoupara
estouparamos
estouparades
estouparan
Futuro Eu
Ti
El/Ela
Nos
Vos
Eles
estouparei
estouparás
estoupará
estouparemos
estouparedes
estouparán
Condicional Eu
Ti
El/Ela
Nos
Vos
Eles
estouparía
estouparías
estouparía
estoupariamos
estoupariades
estouparían

Subxuntivo

Presente Eu
Ti
El/Ela
Nos
Vos
Eles
estoupe
estoupes
estoupe
estoupemos
estoupedes
estoupen
Imperfecto Eu
Ti
El/Ela
Nos
Vos
Eles
estoupase
estoupases
estoupase
estoupasemos
estoupasedes
estoupasen
Futuro Eu
Ti
El/Ela
Nos
Vos
Eles
estoupar
estoupares
estoupar
estouparmos
estoupardes
estouparen

Imperativo

Eu
Ti
El/Ela
Nos
Vos
Eles
-
estoupa
-
-
estoupade
-

Formas nominais

Infinitivo conxugado Eu
Ti
El/Ela
Nos
Vos
Eles
estoupar
estoupares
estoupar
estouparmos
estoupardes
estouparen
Xerundio estoupando
Participio estoupado
estoupada
estoupados
estoupadas