estrabismo

estrabismo

(< grστραβισμός)

s m [PAT]

Afección da vista en que os eixes visuais non son paralelos na posición primaria da mirada ou en que un ollo non pode seguir ao outro nos seus movementos. Pode ser paralítica, a causa da parálise dun ou máis músculos oculares, e concomitante ou funcional, pola falta de coordinación dos movementos dos dous ollos.

Palabras veciñas

estoxar | estoxo | estrábico -ca | estrabismo | estrabo | estrabómetro | Estrabón