estrañeza

estrañeza

(< estraño)

  1. s f

    Efecto causado por unha cousa estraña que produce sorpresa ou asombro.

    Ex: Provócalle estrañeza non vela aquí.

  2. s f

    Cousa rara e extraordinaria.

  3. s f [FÍS]

    Propiedade de certas partículas elementais postulada como número cuántico, chamado número de estrañeza, e que equivale á hipercarga menos o número bariónico. As partículas normais, como o protón, presentan un número de estrañeza 0, e as partículas chamadas estrañas teñen valores enteiros de estrañeza. A estrañeza consérvase en interaccións fortes e electromagnéticas, pero non nas febles.

Palabras veciñas

estrampina | estrañamento | estrañar | estrañeza | estrangallar | estranghelo* | estrangulación