estraño -ña
estraño -ña
(< lat extranĕu)
-
adx
Que é distinto a como adoita ser ou que non é corrente ou normal.
Ex: Le libros moi estraños. É un home moi estraño e non fala con ningúen. É estraño que viñese hoxe.
-
adx e s
Que ou quen non pertence á familia ou grupo que se considera.
Ex: Non me sentía cómoda porque había moitos estraños.
-
adx
Que está introducido accidentalmente, especialmente nun organismo.
-
adx
[FÍS]
Aplícase á partícula que ten un número de estrañeza non nulo.
-
adx
[HERÁLD]
Aplícase á armería ou ao escudo que non respecta as leis heráldicas do brasón.