estratosfera

estratosfera

(

s f [METEOR]

Segunda capa máis alta da atmosfera terrestre, situada entre os 12 e os 40 km de altura sobre a superficie da Terra. Foi descuberta en 1899 polo xeólogo francés Léon Teisserenc de Bort, quen chegou a fixala en 1902 ata os 80 km de altura. Posteriormente, no Congreso da Unión Xeodésica e Xeofísica Internacional, que se celebrou en Bruxelas en 1951, distinguíronse dúas capas: a mesma estratosfera no sentido inicial e a mesosfera. Estaba considerada, de forma inexacta, como unha capa de calma absoluta e de perfecta estratificación. Os ventos poden acadar unha velocidade de ata 250 km/h e os movementos verticais chegan para homoxeneizar toda a capa. En contraste coa troposfera, constitúe unha capa clara e seca, sen practicamente vapor de auga. A rarefacción do aire aumenta coa altura, ao tempo que se concentra a parte máis grande de ozono atmosférico, que, cara aos 25 km, chega a constituír outra capa, a ozonosfera. A temperatura deixa de diminuír e estabilízase cara aos 30 km. Acaba nunha franxa de aumento brusco das temperaturas, a estratopausa.