estricto -ta

estricto -ta

(< lat strictu, p p destringĕre ‘apertar, comprimir’)

  1. adx

    Que se axusta ás regras, leis, ou criterios establecidos sen desviarse deles.

    Ex: É moi estricto coas normas de circulación. Educárono baixo os principios dunha estrita moral. Efectuouse un control estricto da hixiene do local.

  2. adx

    Que é ou obra ou xulga dunha maneira ríxida e inflexible.

    Ex: O árbitro foi moi estricto durante todo o partido. O xefe da empresa é estricto no cumprimento das súas obrigas.

  3. adx

    Que está limitado ou constitúe o esencial ou máis propio de algo.

    Ex: A estrita necesidade de cada un. En sentido estricto, os buques teñen máis de 24 m de eslora.

Palabras veciñas

estricar | estrición | estricnina | estricto -ta | estridencia | estridente | estridor