estro

estro

(

  1. s m

    Inspiración ou capacidade creadora dos artistas, especialmente dos poetas.

  2. s m [BIOL]

    Fase do ciclo sexual das femias, en mamíferos en que hai unha maior atracción polo sexo oposto, debido á modificación do equilibrio hormonal e que se manifesta por un incremento da mucosidade da rexión xenital e nalgunhas especies, como certos primates, nun aumento de tamaño e cambio de cor da zona vulvar. As especies que presentan varios períodos de estro nun mesmo ano denomínanse poliestras.