estroncio
(
-
s
m
[QUÍM]
Elemento metálico pertencente á familia dos alcalinotérreos, grupo II A da táboa periódica entre o calcio e o bario, de número atómico 38, peso atómico 87,62 e número de oxidación +2. É un metal branco de maleabilidade e dureza medias. Identificouno como elemento H. Davy en 1808. Coñécense tres variantes alotrópicas: Srα, cúbica, de caras centradas, Srβ e Srγ. O mineral de estroncio máis importante é a celestina. O método de Guntz (1907) para a obtención do estroncio consiste en quentar a 1.200°C unha mestura de óxido de bario e de pós de aluminio ao baleiro, e ten lugar a reacción 2Al+3SrO→ Al 2 O 3 +3Sr, cun gasto de enerxía de 26kcal. A débil volatilidade do aluminio permite a recuperación do estroncio por destilación.
-
bromuro de estroncio
[QUÍM]
Substancia cristalina e delicuescente que se funde a 88°C, soluble en alcohol e insoluble en éter. Emprégase como sedante e antiepiléptico.
-
nitrato de estroncio
[QUÍM]
Pos incoloros que se funden a 570°C. Mesturado con outros aditivos, emprégase en pirotecnia, para producir luz vermella e sinais luminosos no exército.
-
óxido de estroncio
[QUÍM]
Substancia que se presenta en forma dunha masa cáustica e porosa que se obtén por disociación térmica a 1.200°C do seu carbonato, segundo a ecuación SrCO 3 SSrO+CO 2 . Emprégase para refinar o xofre.