estróxeno

estróxeno

(

s m [BIOQ]

Cada un dos compoñentes dun dos catro grupos en que se dividen as hormonas esteroideas. Prodúcense principalmente nos ovarios, pero tamén en menor cantidade nos testículos, nas glándulas adrenais e na placenta. Os estróxenos son responsables do desenvolvemento dos caracteres sexuais secundarios femininos, como o desenvolvemento mamario, e dos cambios cíclicos do epitelio da vaxina e do endotelio da matriz durante o ciclo ovárico. Segréganse a niveis altos durante a ovulación, preparando o útero para a xestación. Os estróxenos principais son o estradiol, a estrona e o estriol. Sintetízanse a partir dos andróxenos; por exemplo, o estradiol orixínase a partir da testosterona. Adminístranse os estróxenos nos trastornos menopáusicos, como contraceptivos orais e no tratamento dalgúns carcinomas de mama e próstata.