etanol
(
Alcohol primario, o segundo membro da serie dos alcohois alifáticos. É un líquido volátil, incoloro, de olor e sabor característicos, soluble en auga e tamén na maioría dos disolventes orgánicos. O etanol pódese obter sinteticamente a partir do acetilo ou a través do aldehído acético: CH3-CHO+H2 → CH3-CH2OH, ou a partir do etileno por hidratación catalítica ou por unha reacción de adición de ácido sulfúrico e posterior hidrólise a etanol. A obtención de etanol por síntese non desprazou a produción por fermentación de produtos naturais ricos en hidratos de carbono, incluso no dominio industrial. Emprégase moito nas bebidas alcohólicas, como disolvente, nas industrias e nos laboratorios, en perfumería, en farmacia como desinfectante e na fabricación de colorantes, cauchos e plásticos.