etioloxía

etioloxía

(< gr αἰτιολογία)

  1. s f

    Estudio das causas das cousas.

  2. s f [MED]
    1. Conxunto de causas que se admiten como responsables de que se inicien os mecanismos patoxénicos dun proceso patolóxico.

    2. Rama da medicina que estudia as causas das enfermidades.

  3. s f [RELIX]

    Atribución, de carácter antropomórfico, dun fundamento ou dunha causa a un feito ou unha realidade concretos. Aínda que a diferenciación non resulta sempre clara, pódese distinguir entre etioloxía mitolóxica e etioloxía histórica. A narración bíblica de Caín e Abel e o mito platónico da caverna son etioloxías mitolóxicas da diferenciación entre pobos nómades e sedentarios e da condición do coñecemento humano, respectivamente. Os relatos bíblicos e extrabíblicos dunha caída orixinal, en cambio, poden explicar a orixe histórica da presenza do mal no mundo, como a obra do home e non de Deus; nestes casos pódese falar de etioloxía histórica.

Palabras veciñas

etimoloxista | etimoloxizar | etinilestradiol | etioloxía | etiolóxico -ca | Etion | etíope