etiqueta
(< fr étiquette)
-
s
f
Identificativo incluído en distintos obxectos en que se imprime o nome do produto, as súas características e outras especificacións técnicas que varían segundo o produto en cuestión.
Ex: Non lle quites a etiqueta ó pantalón por se hai que devolvelo.
-
s
f
Conxunto de maneiras e comportamentos propios dunha ocasión solemne.
Ex: Na voda os asistentes lucían rigorosa etiqueta.
-
s
f
Sinal de identidade que se lle atribúe a alguén.
Ex: Atribuíronlle a etiqueta de irascible debido ós seus cambios de humor.
-
[INFORM]
-
s
f
Conxunto de datos que compoñen unha información na linguaxe HTML. Os navegadores para a Internet interpretan cada unha destas informacións para amosar de xeito intelixible na pantalla o contido dun documento.
-
s
f
Código inserido nun arquivo ou nunha estrutura de datos que indica cómo debe ser interpretado algo.
-
etiqueta de rede
Normas que se recomendan seguir para o comportamento responsable nos distintos ámbitos da Internet, especialmente no correo electrónico e nos chat, de xeito que se evite ofender ou provocarlle problemas a calquera outro usuario.
-
s
f
Frases feitas
-
De etiqueta. De gala.