Étoile, place de l’
Étoile, place de l’
Praza situada en París e formada pola intersección de doce avenidas. No centro sitúase o Arc de Triomphe, que iniciou F. Chalgrin en 1806 pero que non se rematou ata 1836. Trazada no s XVIII por J. R. Perronet, a súa forma definitiva deulla J. Hittorff (1854). Dende 1970 denomínase Place Charles de Gaulle.