Eume, ponte do
Eume, ponte do
Construción situada sobre o río Eume (Pontedeume). Trátase dunha ponte construída cara ao 1380 por Fernán Pérez de Andrade. A primeira reforma efectuouse entre os anos 1595 e 1638. Consérvase a ponte realizada en 1887. Tiña 72 arcos e nela destacaban o oso e o xabaril, símbolos dos Andrade. No s XVI tiña un hospital á súa beira atendido por un ermitán, pero a súa fábrica utilizouse para enlousar a praza de San Roque da cidade.