Eunice

Eunice
[ANIMAL]

Xénero de anélidos, da familia dos eunícidos, de ata 30 cm de lonxitude e corpo dividido en numerosos segmentos, con cinco antenas, a central máis longa, e branquias pectinadas nos parápodos. Nas augas penínsulares están presentes as especies: E. aphroditois, E. harassii, E. oerstedi, E. norvegica, E. pennata, E. schizobranchla, E. torquata e E. vittata. Os individuos epítocos da especie E. viridis, que reciben o nome de palolos, sérvenlles de alimento aos indíxenas de Samoa e Fidji.