europeísmo

europeísmo

(

  1. s m

    Calidade ou condición de europeo.

  2. s m [POLÍT]

    Tendencia que propugnou a unificación política do continente europeo. Defendérona Bertrand de Jouvenel, Ricard Condenhove-Karlegi e, sobre todo, Aristide Briand. En 1949 formulouse unha declaración de principios, base das actuacións do Movemento Europeo. Froito do Movemento Europeo foron o Consello de Europa (1949) e a Universidade de Europa (1949). Os Tratados de Roma de 1957 foron capitais para a integración europea, xa que crearon as bases da actual Unión Europea. A cooperación científica tamén coñeceu a constitución de importantes asociacións como o EURATOM, o CERN e a ESA.