eustatismo

eustatismo

(< eustasia)

s m [XEOL]

ariación do nivel dos océanos por diversas causas xeolóxicas. O aumento ou transgresión do nivel dos océanos débese á acumulación gradual de sedimentos no fondo, á fusión dos glaciares, á elevación do fondo debido a movementos tectónicos suboceánicos, ou á isostase. O descenso e regresión está orixinado polo afundimento da cubeta de sedimentación de orixe tectónica ou pola formación de glaciares.