eventual

eventual

(< evento)

  1. adx

    Que pode suceder ou non.

    Ex: Un fallo eventual no mecanismo provocaría o accidente.

    1. adx

      Aplícase ao traballo que non é fixo.

    2. adx e s

      Aplícase ao traballador que non ten un emprego fixo.

  2. adx

    Que depende dunha circunstancia incerta e conxectural.

    Ex: Ó enfermar o adestrador tocoulle ser monitora eventual dos nenos.

  3. adx [DER]
    1. Aplícase a cada un dos dereitos ou xustificacións anexos ao exercicio dun cargo fóra da dotación fixa.

    2. Aplícase aos fondos destinados nalgunhas oficinas a gastos accidentais.