everxetismo

everxetismo

(

  1. s m [HIST]

    Práctica que consistía na doazón por parte de particulares de bens á colectividade. Desenvolveuse sobre todo no mundo helenístico e romano, onde as doazóns podían ser de moitos tipos, entre outras, provisión de alimentos, construción de edificios públicos e celebración de espectáculos.

  2. s m [FILOS/POLÍT]

    Doutrina da filosofía política que enxalza o bo rei e destaca a posición deste coma un pai benfeitor que trata os seus súbditos con amor. O rei everxete é o pai bondadoso, pastor solícito da grea que goberna e atende cos seus dons rexios; pero, a tradición do everxetismo, que é unha consecuencia lóxica das teses que postulan a orixe divina do poder, destacou en exceso o carácter de bondade en detrimento da utilidade do monarca cara aos súbditos.