exarcado

exarcado

(

  1. s m
    1. Cargo ou dignidade de exarca.

    2. Época e duración do goberno dun exarca.

  2. s m [HIST]

    Circunscrición administrativa do Imperio Bizantino en Italia e África gobernada por un exarca. Constituíuse baixo o goberno de emperador bizantino Mauricio (582-602). O exarcado de Ravenna creouse no 584 e desapareceu polos ataques dos lombardos no 751, aínda que nominalmente sobreviviu ata finais do s XII. O exarcado de Cartago, creado en 587, foi invadido polos árabes no 647 e desapareceu no 709.

  3. s m [RELIX]

    Demarcación territorial da Igrexa ortodoxa que se corresponde basicamente coas homónimas do Imperio Bizantino. OBS: A grafía <x> representa o son [ks].

Palabras veciñas

exantemático -ca | exantematoso -sa | exarca | exarcado | exárico | exartrema | exartrose