excedencia

excedencia

(< exceder)

  1. s f

    Calidade de excedente.

  2. s f [DER]

    Situación xurídica do funcionario público que cesa temporalmente, de xeito forzoso ou voluntario, na prestación dos seus servicios por motivos non debidos a sanción, sen abandonar o corpo ao que pertence.

  3. s f [DER]

    Situación laboral do traballador asalariado que, de acordo coa súa empresa, cesa temporalmente na prestación dos seus servicios, sen dereito á percepción salarial e coa perda dos dereitos de antigüidade correspondentes a ese período de excedencia.

Palabras veciñas

excarcerar | excardinación | excardinar | excedencia | excedente | exceder | Excel