excelencia
excelencia
(< lat excellentĭa)
-
s
f
Calidade de excelente.
-
s
f
[HIST]
Tratamento honorífico. Antigamente, outorgóuselles aos emperadores e aos reis; logo, estendeuse aos príncipes, aos duques soberanos, aos cardeais e aos bispos. En España reciben este tratamento os grandes de España, os vicerreis, os ministros, os embaixadores, os capitáns xenerais, os legados, os cabaleiros do Vélaro de Ouro e os cabaleiros das grandes cruces.
-
Tratamento de cortesía que se lles dá ás persoas que teñen o título de excelencia.
Frases feitas
-
Por excelencia loc adv Indica que algo posúe unha calidade nun grao moi alto. Ex: Ese é o símbolo do país por excelencia.