excéntrico -ca

excéntrico -ca

(< ex- + céntrico)

  1. adx
    1. Que se desvía ou afasta do centro.

      Ex: Por esa zona están os barrios excéntricos da cidade.

    2. Que non ten o mesmo centro ca outra cousa.

      Ex: Debuxei dúas circunferencias excéntricas.

    1. adx e s

      Que ou quen se afasta do comportamento común.

      Ex: Os concertos dese músico tan excéntrico son imprevisibles.

      Confrontacións: extravagante.
    2. adx

      Que é propio dun excéntrico.

      Ex: Ese rapaz ten un gusto moi excéntrico para vestir.

  2. [TECNOL]
    1. adx

      Aplícase á peza que xira arredor dun eixe que non pasa polo seu centro.

    2. mecanismo de excéntrica

      Mecanismo de transmisión de movemento entre dous elementos ríxidos, nos que o elemento condutor transmite ao conducido un movemento alternativo de translación ou de rotación segundo unha lei determinada. Esta lei determina o perfil dun elemento condutor, o que é xeralmente cilíndrico e ten movementos de rotación.

  3. s m [ASTRON]

    Cada un dos círculos imaxinarios sobre os que, segundo algunhas teorías xeocéntricas, se moven os astros arredor da Terra.

Palabras veciñas

excelsitude | excelso -sa | excentricidade | excéntrico -ca | excepción | excepción | excepción