excesivo -va
excesivo -va
(< exceso)
adx
Que excede en cantidade ou en número o límite do normal ou necesario.
Ex: Tantas precaucións son excesivas. Esa saia ten un prezo excesivo.
Citas
- Tantas precaucións son excesivas. Esa saia ten un prezo excesivo.
Refráns
- A besta leva ben a carga, mais non a sobrecarga.
- A cera sobexa queima a igrexa.
- A mala costureira pon o fío de vara e media.
- A moita seca trae ás veces a moita mollada.
- As veces o labrador, por moito estercar, non lle vai mellor.
- Auga enriba de auga nin cura nin lava.
- Mata a sobrecarga pero non mata a carga.
- Non se ha de espremer tanto a laranxa, que amargue o zume.
- Non sexa tanta a cera que prenda lume.
- Non sexa tanto o turrar, que rompa a corda.
- O burro que moito carga, logo rompe o aparello.
- O moito comer trae o pouco comer.
- O que moito corre, logo para.
- Ó que moito se agacha véselle o que por sabido se cala.
- Ola que moito ferve, sazón perde.
- Para auga enriba de auga non hai coroza nin capa.
- Quen máis mira, menos ve.
- Quen todo o nega, todo o confesa.
- Tan malo é pecar por carta de máis como por carta de menos.
- Tanto lles quere o demo aos fillos que lles arrinca os ollos.
- Tanto quixo a vella fiar, que non se puido levantar.