exclusivo -va

exclusivo -va

(< excluír)

  1. adx

    Que exclúe.

    Ex: A súa dedicación exclusiva a ese traballo non lle deixa tempo libre. A alimentación exclusiva de carne non é boa para a saúde.

  2. adx

    Que non hai outro igual dentro dos do seu tipo ou especie.

    Ex: Comprou un vestido exclusivo nesa tenda.

  3. adx

    Que é propio de algo ou alguén, con exclusión dos demais.

    Ex: Esa habilidade non é exclusiva do ser humano.

Palabras veciñas

exclusividade | exclusivismo | exclusivista | exclusivo -va | excomungar | excomunión | excomuñón