exectivo -va
exectivo -va
(< exectar)
-
adx
[LING]
Aplícase á articulación non pulmonar que se caracteriza por ter dous peches: un na glote e outro nun punto da boca. Ademais, a larinxe ascende e comprime o aire que está atrapado entre os dous peches, polo que se producen dúas explosións sucesivas ao liberalo e abrir ambos os peches. Son frecuentes en linguas caucásicas, africanas e americanas.
-
adx
[XEOG]
Aplícase ao dobramento en que os anticlinais son moi agudos e os sinclinais moi abertos, debido á natureza plástica da rocha.