executivo -va

executivo -va

(< lat exsecūtu, p p deexsĕqui ‘cumprir’)

  1. adx

    Relativo ou pertencente á execución.

  2. [DER]
    1. adx

      Que debe ser executado con inmediatez.

    2. xuízo executivo

      Procedemento sumario a través do cal os titulares de créditos fannos efectivos cando estes constan en títulos ou documentos que levan emparellada execución.

    1. adx

      Que se encarga de facer cumprir as leis.

    2. s

      Organismo encargado da execución das leis ou acordos dentro dunha organización ou asociación.

    1. s

      Persoa que ten un cargo directivo ou unha responsabilidade nunha empresa.

    2. executivo de contas [COMUN]

      Nunha axencia de publicidade, persoa encargada da dirección da campaña publicitaria dun anunciante ou produto, así como das relacións entre o anunciante, a axencia e os medios de comunicación.

Palabras veciñas

executante | executar | executiva | executivo -va | executor -ra | executoria | executorio -ria