exedra

exedra

(

  1. s f [ARQUIT/HIST]

    Parte dun edificio situado, ben no interior, ben no medio dun xardín, e destinado á conversa. Adoitaba a miúdo a forma semicircular e tiña asentos ao seu redor. Nas casas gregas e romanas era unha estancia aberta ao fondo do peristilo. En Roma aplicábase tamén a calquera estancia con asentos que se abría a un pórtico e con columnas. Existían tamén nos teatros e nos templos e podían constituír un edificio illado, formado por unha bancada semicircular cuberta que podía ter a súa porta enmarcada por columnas ou pilastras que sostiñan un frontón.

  2. s f [ARQUIT]

    Bancada semicircular situada ao fondo das basílicas romanas que se adaptou ás paleocristiás. Erixida sobre chanzos, situábase ás beiras da cátedra episcopal e acollía os presbíteros.

  3. s f [ARQUIT]

    Construción aberta de planta semicircular. OBS: A grafía <x> representa o son [ks].

Palabras veciñas

executor -ra | executoria | executorio -ria | exedra | Exekias | exemplar | exemplaridade