exhibicionismo

exhibicionismo

(< exhibición)

  1. s m [PSIC]

    Fenómeno psicolóxico que se caracteriza polo desexo esaxerado de destacar as peculiaridades propias diante doutros.

  2. s m [PSIC]

    Comportamento que consiste en mostrarse nu ou en ensinar os xenitais, coa conseguinte satisfacción ou liberación sexual. É un fenómeno propio dos infantes e tamén de certas culturas. A súa represión conduce a miúdo os afectados adultos a exhibirse por sorpresa e en público, diante de descoñecidos. Cando este comportamento é compulsivo e exclúe calquera outra actitude sexual, considérase unha desviación. OBS: A grafía <x> representa o son [ks].

Palabras veciñas

exhaustivo -va | exhausto -ta | exhibición | exhibicionismo | exhibicionista | exhibidor -ra | exhibir