exobioloxía

exobioloxía

(

s f [ASTRON/BIOL]

Ciencia que investiga a posible existencia de vida extraterrestre. Presenta diversos aspectos principais. Primeiramente, investiga as condicións físicas e químicas que foron esenciais para o nacemento da vida sobre a Terra e aquelas que despois non presidiron a evolución e a complexificación ulteriores. Desta maneira, inténtase establecer cáles son as condicións ambientais mínimas para que a vida poida establecerse e desenvolverse. Estes coñecementos permiten determinar os posibles enclaves exteriores á Terra capaces de dar soporte á evolución da vida, para dirixir cara a eles ulteriores investigacións de tipo observacional (a fórmula de Drake, que determina o número de civilizacións tecnolóxicas e comunicativas plausiblemente presentes na Galaxia). Esta última é un segundo aspecto da exobioloxía, que tivo coas sondas planetarias un gran desenvolvemento. Un terceiro aspecto da exobioloxía, que ata o momento só tivo unha realización concreta, é experimental. Esta única experimentación realizouse polos vehículos automáticos da serie Viking, que chegaron á superficie de Marte e realizaron experimentos programados desde a Terra. Finalmente, o último aspecto da exobioloxía é o que fai referencia á detección de posibles manifestacións de vida intelixente, en caso de que existise fóra da Terra. OBS: A grafía <x> representa o son [ks].

Palabras veciñas

exlibrista | exo- | exobasidio | exobioloxía | exocéntrico -ca | exócrino -na | exoderma