Éxodo

Éxodo

Segundo libro do Pentateuco e da Biblia. A obra xira ao redor de dous feitos: a liberación do pobo hebreo da escravitude exipcia e a alianza con Deus no Sinaí. Moisés é a figura central do relato, o interlocutor escollido por Deus para liderar a saída de Exipto. Esta saída e, sobre todo, a alianza, significan a fundación do pobo de Israel (‘o que loita con Deus’) como entidade étnica, relixiosa e cultural. Historicamente, este proceso pódese datar nos ss XIV ou XIII a C.

Palabras veciñas

exócrino -na | exoderma | éxodo | Éxodo | Exodus | exoendocrino -na | exoenzima