exoesqueleto
(< exo- + esqueleto)
Esqueleto exterior ao corpo dun animal e que lle serve de protección. Os diversos grupos de animais teñen un exoesqueleto que se adapta á súa condición de vida: mobilidade, crecemento, etc. Nos corais e moluscos, que fan vida sedentaria, o exoesqueleto é ríxido e sérvelles de sostemento; os sales de calcio forman o exoesqueleto do coral, e a conquiolina, o calcio e a aragonita, o dos moluscos. Nos branquiópodos é calcario. Nos briozoos é de quitina, ás veces calcificada ou de paredes xelatinosas. Nos artrópodos, que teñen unha vida activa con moita mobilidade, fórmase por quitina córnea en placas independentes que se articulan; ás veces pode haber sales de calcio para endurecelo. Nos anélidos existe unha cutícula resistente e elástica, e moitos peixes teñen unha armadura externa. Nas tartarugas existe o caparazón típico, e algúns mamíferos, como o armadillo, presentan placas óseas. OBS: A grafía <x> representa o son [ks].