expediente
(< lat expedĭente, ppres de expedīre ‘convir, dar curso’)
-
s
m
Conxunto de actuacións ou trámites sobre un negocio, oficina ou asunto determinado.
Ex: O director presentou o expediente de regulación da empresa.
-
s
m
Conxunto de documentos que se producen na tramitación dun asunto.
Ex: Acordaron reabrir os expedientes sobre o desfalco.
-
s
m
Conxunto de cualificacións dun estudante ou relación de actividades e méritos que xuntou unha persoa ou empregado.
Ex: O seu expediente era o mellor para conseguir a bolsa no estranxeiro.
-
s
m
[DER]
Investigación ou procedemento administrativo no que se xulga a actuación de alguén ou as supostas irregularidades que cometeu no exercicio da súa profesión ou actividade.
Ex: Abriulle un expediente por chegar todos os días tarde.
-
s
m
Recurso ou procedemento que se emprega para resolver unha dificultade ou inconveniente.
Frases feitas
-
Abrir un expediente. Investigar o comportamento ou a actuación dun traballador ou funcionario.