expirar

expirar

(< lat exspirāre)

  1. v t [FISIOL]

    Expulsar dos pulmóns o aire que se introduciu durante a inspiración. Ao deixar de actuar os músculos inspiratorios, o tecido elástico do parénquima pulmonar retráese e provoca que o aire de dentro dos alvéolos saia polos bronquios cara a fóra. Na expiración forzada contribúen os músculos abdominais e expúlsase o aire de reserva.

    Ex: Expirou o aire con forza. OBS: Nalgunhas construcións omítese o complemento e adquire valor absoluto. Ex: Expira cando cho mande o médico.

  2. v i

    Deixar de vivir.

    Ex: A súa dona expirou a primeira hora da mañá.

    Sinónimos: falecer, finar.
  3. v i

    Acabar ou rematar un período de tempo ou un prazo de duración determinada.

    Ex: O prazo para pagar a luz expira o luns.

Conxugar
VERBO expirar
Forma verbal: Infinitivo

Indicativo

Presente Eu
Ti
El/Ela
Nos
Vos
Eles
expiro
expiras
expira
expiramos
expirades
expiran
Pretérito imperfecto Eu
Ti
El/Ela
Nos
Vos
Eles
expiraba
expirabas
expiraba
expirabamos
expirabades
expiraban
Pretérito perfecto Eu
Ti
El/Ela
Nos
Vos
Eles
expirei
expiraches
expirou
expiramos
expirastes
expiraron
Pretérito pluscuamperfecto Eu
Ti
El/Ela
Nos
Vos
Eles
expirara
expiraras
expirara
expiraramos
expirarades
expiraran
Futuro Eu
Ti
El/Ela
Nos
Vos
Eles
expirarei
expirarás
expirará
expiraremos
expiraredes
expirarán
Condicional Eu
Ti
El/Ela
Nos
Vos
Eles
expiraría
expirarías
expiraría
expirariamos
expirariades
expirarían

Subxuntivo

Presente Eu
Ti
El/Ela
Nos
Vos
Eles
expire
expires
expire
expiremos
expiredes
expiren
Imperfecto Eu
Ti
El/Ela
Nos
Vos
Eles
expirase
expirases
expirase
expirasemos
expirasedes
expirasen
Futuro Eu
Ti
El/Ela
Nos
Vos
Eles
expirar
expirares
expirar
expirarmos
expirardes
expiraren

Imperativo

Eu
Ti
El/Ela
Nos
Vos
Eles
-
expira
-
-
expirade
-

Formas nominais

Infinitivo conxugado Eu
Ti
El/Ela
Nos
Vos
Eles
expirar
expirares
expirar
expirarmos
expirardes
expiraren
Xerundio expirando
Participio expirado
expirada
expirados
expiradas