expoñente

expoñente

(

  1. adx e s

    Que ou quen expón.

    Ex: Presentou reclamacións expoñentes do mal funcionamento do centro. O aumento do desemprego é un claro expoñente da crise do país.

  2. s m

    Persoa ou cousa representativa do máis característico dun xénero, grupo ou categoría.

    Ex: Mª Xosé Queizán é un dos máximos expoñentes da literatura galega actual.

    Sinónimos: representante.
  3. s m [MAT]
    1. Número de veces que se multiplica por si mesma a base dunha potencia.

    2. Número ou expresión alxébrica que se pon na parte superior dereita doutro número ou expresión e que indica o número de veces que este se ten que multiplicar por si mesmo.

Palabras veciñas

explotar | expolio, El | exponencial | expoñente | expoñer | expor | exportable