exsudado -da
exsudado -da
(< exsudar)
-
p reg
de exsudar.
-
s
m
[PAT]
Humor máis ou menos fluído que sae dunha célula, dun vaso ou dun capilar por exsudación nos procesos de tipo inflamatorio, e que se dispón nos intersticios dos tecidos ou na cavidade serosa. Está constituído por líquido plasmático, células e produtos da dexeneración e descomposición dos tecidos inflamados. Segundo a súa formación e o aspecto físico denomínase albuminoso, fibrinoso, hemorráxico, etc.
-
s
m
[BOT]
Líquido máis ou menos fluído que sae dos órganos lesionados das plantas.