extra
extra
(< lat extra)
-
adx e s
Que ou o que sae do normal ou habitual.
Ex: Aínda non lle pagaron as horas extras. Aínda non saíu o extra da revista que me gusta.
-
adx
De moi boa calidade ou mellor do normal.
Ex: Comprei chourizo de calidade extra.
-
s
f
Cantidade de diñeiro que se cobra a maiores do soldo habitual.
Ex: Aínda non cobrou a extra de Nadal.
-
s
m
Gasto inesperado.
Ex: Se non hai ningún extra, creo que poderemos ir de vacacións.
-
s
Persoa que intervén ocasionalmente nunha escena realizando un papel secundario.