extrusora

extrusora

(

s f [TECNOL]

Máquina empregada na extrusión de plásticos. A presión necesaria para a extrusión acádase por medio dun parafuso sen fin que xira de forma axustada a unha carcasa, quentada exteriormente, e que empurra o material cara ao bico ou fileira de saída. A fusión do plástico é consecuencia da temperatura interior e da acción mecánica do parafuso.

Palabras veciñas

extrusión | extrusivo -va | extrusor -ra | extrusora | exuberancia | exuberante | exulceración