fabliau*

fabliau*
s m [LIT]

Tipo de narración en verso cultivada en Francia sobre todo entre os ss XII e XIV. Non adoitaba ter un carácter obxectivo, moralizador ou crítico, senón que era satírica e tiña a finalidade de divertir o público. Normalmente trataba sobre a vida dos animais, que os xograres recitaban e, ás veces, escenificaban ao rematar os banquetes.

Palabras veciñas

fabios | fabismo | Fabius, Laurent | fabliau* | faboca | faboco | fabón